O currículo de Bacharelato...

Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo
que se establece a ordenación e o currículo
de bacharelato na Comunidade Autónoma
de Galicia.

1. O alumnado maior de idade ou os seus pais/nais
ou titores legais mentres sexa menor decidirán sobre
se cursa ou non ensinanzas de relixión no momento
de formalizar a súa matrícula. O alumnado que opte
por non recibir ensinanzas de relixión permanecerá
nos centros educativos e contará coa debida atención
educativa.
2. O currículo da materia de relixión católica e das
diferentes confesións relixiosas con que o Estado
español ten subscritos acordos de cooperación en
materia educativa será competencia, respectivamente,
da xerarquía eclesiástica e das correspondentes
autoridades relixiosas. O seu contido deberá, en calquera
caso, ser respectuoso cos dereitos das persoas
marcados na lexislación vixente e nomeadamente co
valor da igualdade entre mulleres e homes.
3. A avaliación da materia de relixión católica realizarase
nos mesmos termos e cos mesmos efectos ca
a das outras materias do bacharelato. A avaliación
doutras confesións relixiosas axustarase ao establecido
nos acordos de colaboración en materia educativa
subscritos con elas polo Estado español.
Coa finalidade de garantir o principio de igualdade
e a libre concorrencia, as cualificacións desta
materia non computarán na obtención da nota media
para os efectos de acceso á universidade, a ciclos
superiores de formación profesional e a outros estudos,
nin nas convocatorias para a obtención de bolsas
e axudas ao estudo en que deban entrar en concorrencia
os expedientes académicos.


Bueno, empeza a debacle

Congreso comarcal FETE-UGT

MANIFESTO ORGULLO 2009 DO GRUPO LGTB DO PSdG-PSOE 7CORES

Este 28 de xuño celebramos o 40 aniversario das revoltas de Stonewall, acontecemento que marca o nacemento do movemento de liberación homosexual, transexual e bisexual actual, e que se conmemora en todo o mundo como o Día Internacional do Orgullo. As mulleres e homes socialistas sumámonos, un ano máis, a esta celebración da diversidade, a liberdade e a igualdade, a este verdadeiro Orgullo Cidadán.

Corenta anos en termos históricos non son nada, pero sen dúbida podemos sentirnos orgullosos das conquistas que alcanzamos en España durante os últimos cinco anos. Podemos dicir que o noso país se encontra á cabeza dos que recoñecen os dereitos de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais (lgtb), e, neste proceso, as mulleres e homes socialistas fomos peza clave para o seu impulso e desenvolvemento, especialmente desde o Goberno de España. Malia estes importantes avances, aínda quedan cousas por conseguir e realidades que cambiar para garantir que a liberdade e a igualdade, que a nosa Constitución proclama, sexan reais e efectivas para toda a poboación lgtb. Este ano os colectivos reivindicativos declararon o Ano da Diversidade Afectivo Sexual na Educación. É sen dúbida unha importante aposta do movemento reivindicativo, e unha necesidade social prioritaria se queremos vencer os altos índices de rexeitamento cara a esta poboación no sistema educativo que sinalan os estudos e que poñen de manifesto que os centros educativos non son espazos seguros para os adolescentes e mozos lgtb, nin para os fillos e fillas de familias homoparentais.

Queremos especialmente denunciar o acoso homofóbico e transfóbico que se produce na escola, causa de un de cada tres intentos de suicidio en mozos e adolescentes. Apostamos por unha educación que promova a diversidade sexual, e que impida a violencia e a discriminación cara os mozos e mozas lgtb, e facemos un chamamento a todas as institucións educativas a que impulsen cun meirande empeño as medidas necesarias para facer dos centros educativos espazos seguros para a diversidade, así como o cese do boicot cara os contidos de Educación para a Cidadanía e cara a propia materia que veñen realizando, neste ámbito, os sectores conservadores.

Gañar a aposta por unha escola que eduque na diversidade é gañar o futuro, porque só unha sociedade que educa na diversidade pode xestionala adecuadamente. Para iso non nos faltan instrumentos como a Lei Orgánica de Educación (LOE), que establece o respecto á diversidade afectivo sexual como un dos seus obxectivos, ou a implantación da materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos. É ben certo que ambos instrumentos contaron coa máis firme oposición do Partido Popular e da xerarquía da igrexa católica, polo que debemos ser tan activos na defensa e implantación efectiva desta materia e os seus contidos como o integrismo relixioso e o conservadorismo político extremo o é no seu boicot.

Queda aínda pendente na maioría das nosas sociedades o gran salto adiante na igualdade real, social e integral das persoas homosexuais, bisexuais e transexuais en todos os ámbitos: a educación, o mundo do traballo, o acceso igualitario aos bens e servizos, os medios de comunicación, a realidade rural, etc. Reivindicamos a iniciativa do noso Partido coa Lei de Igualdade de Trato e contra a Discriminación que o Goberno remitirá ás Cortes proximamente, así como os Plans de Igualdade que implementen estas políticas en todos os ámbitos sinalados. É o noso compromiso coa xustiza e coa continuidade do proxecto de dignificación da nosa sociedade levado a cabo polo Goberno e mais o Partido Socialista. Será tamén unha homenaxe a todas e todos os que nos precederon na loita pola igualdade, e a todas e todos quen, aínda hoxe, sofren violencia física ou moral, medo ou limitación imposta polas súas opcións de vida a causa do odio ignorante de quen perseguen ao amor, a liberdade e a igualdade. Non podemos esquecer que 76 países penalizan as relaciones sexuais entre persoas do mesmo sexo, e que 7 (Irán, Emiratos Árabes Unidos, Mauritania, Iemen, Nixeria, Arabia Saudí e Sudán) fano coa pena de morte. Unha vez máis denunciamos esta insostible situación e chamamos a estes países a que modifiquen as súas lexislacións e respecten os dereitos humanos das súas cidadás e cidadáns, tamén dos que sexan lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.

Non podemos deixar de lembrar neste día que o Partido Popular mantén aínda o seu recurso de inconstitucionalidade contra a Lei que posibilitou o dereito ao matrimonio para as parellas do mesmo sexo, un recurso contra a igualdade e felicidade de millóns de persoas que viven no noso país. En tanto se manteña o devandito recurso, ningunha proposta política en favor da igualdade por parte deste partido será crible, polo que facemos un chamamento ao PP a que retire dito recurso e recoñeza o dereito de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais a gozar dos seus dereitos civís, e o dereito a igual trato e consideración que o resto da cidadanía.

Corenta anos despois da revolución de Stonewall, a diversidade sexual na educación é unha tarefa prioritaria se queremos conquistar a igualdade real e efectiva. Queremos reiterar o noso agradecemento ao traballo que desenvolven miles de activistas no noso país, e recoñecer novamente a importante tarefa que desempeñan as organizacións de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, sen cuxo traballo, esforzo e compromiso, os cambios que se produciron no noso país non serían posibles.

Finalmente, o PSOE facemos un chamamento a todos os seus militantes e simpatizantes e a toda a cidadanía a participar activamente nos actos que con motivo do Orgullo se celebrarán en todos as vilas e cidades do noso país, e, especialmente, a acudir á Manifestación Estatal do Orgullo, que co lema “Escolas sen armarios” se celebrará en Madrid o vindeiro sábado 4 de xullo.

Santiago , a 28 de xuño de 2009. 40 aniversario de Stonewall.

Hai moitas cousas que non entendo.

Algunhas xa non sei se as quero entender.

... if you just smile



Creo que ya la puse alguna vez... pero días "Smile" los tiene cualquiera, cualquier día, a cualquier hora

Hola

Saber que hai xente ó outro lado que lé as túas palabras aínda que ás veces (supoño que moitas) non saiba qué queres dicir, non ten prezo.

HOLA ás/ós sufrid@s lector@s das aventuras e desventuras do dragón deste castelo.

Por certo, ónde están as miñas entradas do 2007??? menos mal que copiei a meirande parte do contido deste blog.

XIII Congreso de Xuventudes Socialistas de Galicia

Este fin de semana tivo lugar o XIII congreso das Xuventudes Socialistas de Galicia.

Tocábame falar e levaba unhas cantas cousiñas planificadas pero, cómo non, a metade esquecéronseme despois do tan glorioso discurso o que me precediu.

Gustaríame ter dito que estou máis que orgullosa de pertencer ás XSG...

Gustaríame lembrar dicir o moitísimo que quero a Loli e o satisfeita que estou do traballo feito pola, ata ese momento, Secretaria Xeral e o resto da CENG...

Gustaríame dicir que unha agrupación, por política que sexa, ten que ter momentos de lecer e de distensión, e que ésta executiva así o entendeu cando fixo dinámicas durante as escolas e deixou tempo para charlar, debater, saír de copas, xogar ó futbolín...


Gustaríame aclarar que María non se currou ser Secretaria Xeral nin Azu ser Presi do CXG, non, curráronse selo dúas veces!!! mentres algúns pensan que ter un apelido ou pertencer a un grupo facilítache as cousas eu creo que as dificulta. Non dubido que estar rodeada de mentes brillantes, de animais políticos, che axude a aprender un mundazo, e encima se son boas persoas che axude a desenvolver a túa autoestima e verte capaz de facer calqueira das dúas tareas. Pero por outra banda está o sobreesforzo... tampouco dubido que calquera das dúas traballou a reo para demostrar algo que outra persoa podería ter demostrado coa metade. Me explico. Penso que tanto María como Azu tiveron que facer traballo extra para compensar a pertenza a un grupo. E manda chover... cómo se sentiría vostede se mañá lle dixeran que todo o que conseguíu non foi gracias ó seu esforzo senón ó seu apelido ou ó da súa parella? Onde queda entón a súa autoestima? Qué faría vostede se lle desmerecesen por un parentesco? Parece que un apelido sitúa a unha 20 kilómetros máis atrás da liña de saída, pero ten tamén máis lonxe a de chegada. E aínda así as dúas chegaron sobradas á meta. Calquera que participe mínimamente pode observar que as dúas o teñen máis que currado.


E cómo non a nosa artista Canosa: sen as súas chamadas apresuradas, os seus "eu vou, jefa" (outra que non esquece a súa agrupación local) e, sobretodo, os seus sms despois de cada asamblea, de cada intervención... de cada pasiño, a militancia e a secretaría xeral da AL da Coruña non serían o mesmo. Seguro que o tandem Torres-Canosa non falla.


Remato xa, porque de ter dito isto no atril, Fernando xa estaría dándome o primeiro aviso.


Despídome da Secre X coa que comencei a participar nas XSG, da que (unha das que) me explicou mil cousas de mil formas diferentes para que o tivese claro, da que non esqueceu a súa agrupación local, da que tivo o teléfono as 24 horas, da que devolve as chamadas, da que sempre tivo un sorriso, da que non quedou sen folgos nin nos momentos duros, da que confiou en min... Leva con ela o corazón mozo, ese que pelexa polos seus ideais, ese que soña con todos, e que non deixará de soñar por maior que se faga. Ese corazón cuerdo, porque hai que estar tola para ser moza e non loitar... e ese corazón tolo, porque hai que estar tola para deixar de ser moza e seguir deixando a pel. Pero non me despido de Loli, a miña amiga, porque lle pese a quen lle pese, das XSG tamén saen grandes amigos e amigas.


Repito que esquecín decir moitas cousas o sábado, pero estaba alí enrriba, tremendo dos nervios, da emoción, da ilusión (e do cabreo)... pero ali estaban as miñas amigas, porque nese momento non só eran a miña Secre X, nin a Presidenta do CXG nin a miña Candi preferida (agora flamante Secre X).


Quérovos tantísimo... que non teño palabras (isto non formaba parte de todo aquilo que non quería esquecer, senón daquilo que non se di en público para non emocionarse... pero ao final a emoción supera á ficción)

Manifesto 78º Aniversario da II República

MANIFESTO 78º ANIVERSARIO DA II REPÚBLICA

Fai 78 anos materializáronse as esperanzas de millóns de demócratas que xamais puideran saberse donos e señores dos seus designios políticos cando o 14 de abril de 1931 España di si ó progreso e a democracia coa proclamación da II República.

A vitoria dos republicanos nas eleccións municipais celebradas dous días antes, fai comprender a Alfonso XIII que o pobo xa non quere ser reinado, abocándoo o exilio e permitindo que a II República Española se presentara como unha realidade allea a toda imposición violenta. A Comunidade Internacional admirou a lección de civismo dos/as españois, que lograban instaurar a democracia co exercicio do voto.

Dende ese momento e ata o estoupido da Guerra Civil xa non houbo pobo deste ou doutro rei, senón cidadáns. Xa non houbo máis príncipes nin princesas e si un único soberano: o pobo.

O aniversario da II República é o anual recordatorio dos nosos inescusables referentes ideolóxicos, a clave de bóveda que soporta a construción histórica do noso ideario político.

As nosas reivindicacións nunca se escoitaron tan alto como na cita electoral do ano 36. Os que coa súa dedicación comezaron o camiño da transformación dunha España obsoleta e case estamental son e serán sempre os nosos referentes más enérxicos, o paradigma da entrega e a loita pola igualdade.

A nosa organización é a testemuña de que os valores que sustentaron esta etapa preclara da nosa historia seguen latentes na sociedade. A xustiza, a liberdade, a igualdade, a fraternidade entre os pobos... son principios que impregnan o ideario político dos e das cidadáns de esquerdas, e pretender desvincular a consecución material dos mesmos do ínterim 1931-1936 é desnaturalizar as nosas reivindicacións.

No ano 1931 emprendéronse reformas que puideron converter a España en referente do progreso mundial se a vontade dos e das cidadáns nas eleccións do ano 36 non fose secuestrada e enreixada durante case corenta anos. Pero as XSG sabemos que a sociedade xa non está cega, xorda e muda, sabemos que defender os valores que sustentaron as reformas emprendidas por Azaña é defender a igualdade entre homes e mulleres, a separación entre Igrexa e Estado, a solidariedade e a pluralidade.

Por todo isto enaltecemos este acontecemento histórico como o temperán produto da dignidade democrática dos e das cidadáns, como o resultado da necesidade de progreso e xustiza.

Xuventudes Socialistas de Galicia entende que a igualdade debe facerse extensiva ata reflectirse sobre a máis alta representación do Estado, pois o noso espírito bebe dos ideais que espertaron do seu letargo ós cidadáns españois que ese 12 de abril acudiron en masa (cunha participación do 70%) a decidir sobre o seu presente, a decidir República.

Como xóvenes albergamos a esperanza de amencer nun futuro realmente xusto, no que non caiba ningunha discriminación, e igual que o 12 de abril de 1931 acudiremos ás furnas alá onde a solidariedade, a igualdade, a xustiza e o progreso precisen de nós.

Saúde e república!

Romance do 16 de febreiro. Anónimo.

Foi no ano trinta e nove,
foi no primeiro de abril,
cando a barbarie franquista
entrou ladrando en Madrid.

Ladrando contra as bandeiras
do dezaseis de febreiro
e ouveando polas calles
os seus instintos máis negros;

burlándose da República
e, con fero fanatismo,
pregoando que xa nunca
habería Socialismo.

Pero na España de Franco,
sempre ó fascismo proclive,
aínda hai xentes entre os nosos
que, pese os tempos terribles,
non perden as esperanzas,
e hai unha voz que lles di:
"Sodes soldados vencidos
dun Exército invencible"

Entrevista á actual Secretaria Xeral das XSG





28-M

Levo un rato pensando qué poñer...
Sabía que sería un día cheo de emocións... pero non esperaba a invasión que alí tivo lugar. Cando me din de conta, o que ía ser unha máis que cordial e calorosa despedida, e unha emocionante acollida, convertiuse nun fervedoiro de improperios... alí estaba aquel grupo exaltado soltando sapos pola boca e facendo unha grande demostración das consecuencias de non ter recibido unha educación.

Sí... ilusionar a alguén é complicado, complicadísimo... saberse capaz de levar a cabo un traballo, sentir o respaldo de quenes alí estabamos, confiar nas propias capacidades e nas do teu equipo, saber que tomas a decision axeitada... todo iso é terriblemente complicado; sen embargo botalo abaixo, mellor dito, tentar botalo abaixo parecíu tan sinxelo como entrar coma Atila... ou Tejero e montala; pero que non se equivoquen, porque sabemos o que queremos, sabemos cara onde queremos camiñar, e tamén sabemos o que non queremos!!! non queremos que nos represente un equipo formado por 2 entidades (iso non sería en absoluto representativo da mocidade galega) e non queremos que ese equipo, que supostamente nos representaría, actúe de forma semellante ante calqueira contrariedade.

Desde aquí a miña noraboa a Loli, pola grande labor feita estes 4 anos no Consello da Xuventude de Galicia, por darlle pulo ó asociacionismo, por promover a participación, a ilusión, a creación e, sobretodo, a relación sana entre as diferentes entidades (aínda que esa relación sana de vez en cando teña que sufrir gripes coma a de hoxe).

E noraboa tamén, parabéns, á nova permanente, especialmente a Azu. Sei que o farás da mellor maneira que saibas e que buscarás asesoramento se é reciso; sei que vas poñer toda a carne no asador neste novo proxecto, que estás ilusionada e disposta a dar o mellor de ti (que non é pouco). Sei tamén que non será un camiño sinxelo e que atoparás mil pedras. Sei que terás días desos de "mellor sería non terse levantado" e días de "hoxe foi un día grande, dos que non se olvidan".
Azu, sei que estarás a altura das circunstancias. E non te preocupes, non é unha expectativa que teñas a presión de cumprir... es unha realidade observable, obxectiva, medible e cuantificable.




Por certo, ese camiño con pedras non o percorres soa: tes un equipo incriblemente bó... e tes unha compañeira de viaxe que, independentemente das pedras ou ríos, vales, terreos pantanosos..., estará ahí, ó teu ladiño (a 45 céntimos ou 1 hora de viaxe) animándote a camiñar e superar dificultades, a crecer como o fixestes ata agora, a ser unha grande mestra do saber: saber facer, saber estar e saber ser.