XIII Congreso de Xuventudes Socialistas de Galicia

Este fin de semana tivo lugar o XIII congreso das Xuventudes Socialistas de Galicia.

Tocábame falar e levaba unhas cantas cousiñas planificadas pero, cómo non, a metade esquecéronseme despois do tan glorioso discurso o que me precediu.

Gustaríame ter dito que estou máis que orgullosa de pertencer ás XSG...

Gustaríame lembrar dicir o moitísimo que quero a Loli e o satisfeita que estou do traballo feito pola, ata ese momento, Secretaria Xeral e o resto da CENG...

Gustaríame dicir que unha agrupación, por política que sexa, ten que ter momentos de lecer e de distensión, e que ésta executiva así o entendeu cando fixo dinámicas durante as escolas e deixou tempo para charlar, debater, saír de copas, xogar ó futbolín...


Gustaríame aclarar que María non se currou ser Secretaria Xeral nin Azu ser Presi do CXG, non, curráronse selo dúas veces!!! mentres algúns pensan que ter un apelido ou pertencer a un grupo facilítache as cousas eu creo que as dificulta. Non dubido que estar rodeada de mentes brillantes, de animais políticos, che axude a aprender un mundazo, e encima se son boas persoas che axude a desenvolver a túa autoestima e verte capaz de facer calqueira das dúas tareas. Pero por outra banda está o sobreesforzo... tampouco dubido que calquera das dúas traballou a reo para demostrar algo que outra persoa podería ter demostrado coa metade. Me explico. Penso que tanto María como Azu tiveron que facer traballo extra para compensar a pertenza a un grupo. E manda chover... cómo se sentiría vostede se mañá lle dixeran que todo o que conseguíu non foi gracias ó seu esforzo senón ó seu apelido ou ó da súa parella? Onde queda entón a súa autoestima? Qué faría vostede se lle desmerecesen por un parentesco? Parece que un apelido sitúa a unha 20 kilómetros máis atrás da liña de saída, pero ten tamén máis lonxe a de chegada. E aínda así as dúas chegaron sobradas á meta. Calquera que participe mínimamente pode observar que as dúas o teñen máis que currado.


E cómo non a nosa artista Canosa: sen as súas chamadas apresuradas, os seus "eu vou, jefa" (outra que non esquece a súa agrupación local) e, sobretodo, os seus sms despois de cada asamblea, de cada intervención... de cada pasiño, a militancia e a secretaría xeral da AL da Coruña non serían o mesmo. Seguro que o tandem Torres-Canosa non falla.


Remato xa, porque de ter dito isto no atril, Fernando xa estaría dándome o primeiro aviso.


Despídome da Secre X coa que comencei a participar nas XSG, da que (unha das que) me explicou mil cousas de mil formas diferentes para que o tivese claro, da que non esqueceu a súa agrupación local, da que tivo o teléfono as 24 horas, da que devolve as chamadas, da que sempre tivo un sorriso, da que non quedou sen folgos nin nos momentos duros, da que confiou en min... Leva con ela o corazón mozo, ese que pelexa polos seus ideais, ese que soña con todos, e que non deixará de soñar por maior que se faga. Ese corazón cuerdo, porque hai que estar tola para ser moza e non loitar... e ese corazón tolo, porque hai que estar tola para deixar de ser moza e seguir deixando a pel. Pero non me despido de Loli, a miña amiga, porque lle pese a quen lle pese, das XSG tamén saen grandes amigos e amigas.


Repito que esquecín decir moitas cousas o sábado, pero estaba alí enrriba, tremendo dos nervios, da emoción, da ilusión (e do cabreo)... pero ali estaban as miñas amigas, porque nese momento non só eran a miña Secre X, nin a Presidenta do CXG nin a miña Candi preferida (agora flamante Secre X).


Quérovos tantísimo... que non teño palabras (isto non formaba parte de todo aquilo que non quería esquecer, senón daquilo que non se di en público para non emocionarse... pero ao final a emoción supera á ficción)

1 evaluaciones:



Carapuchiña Vermella dijo...

Non ten palabras o diccionario para expresar todo o que sinto cando leo o que escribiches...

Ó final, cando rematas unha etapa como esta, quedan moitas cousas- Quedan os recordos, o traballo feito, os momentos duros pero tamén os momentos bos...queda para sempre na miña retina o calor, o cariño que me demostrastes no congreso...quedan moitas cousas.

Pero sobre todo queda a amizade. É sin dúbida o mellor de toda esta etapa.

Queda Lu, coñecer a persoas coma ti: que sempre estás aí, leal e orgullosa, cunha sonrisa nos labios, alegrándoche o día. Lu, a que sempre quere aprender, a que non se rinde aínda que teña momentos baixos, a que aínda non descubríu que pode chegar lonxe...queda Lu, queda unha amiga.

Gracias pequecha, pola confianza, pola lealdade, polo cariño...por tantas cousas...por todo.

Publicar un comentario