Gracias

A ti que me escoitaches todos os meus medos, a ti que me deches ánimo nos peores momentos, que aguantaches a miñas pataletas, os choros, os agobios, os "non sei", os "non podo" e os "qué vergoña".
Porque confías en min, porque non dubidas da miña capacidade cando estou a piques de deixalo todo, porque "me sobreestimas".
Porque me preparas a cea despois de escoitar o meu rollo e facer una coidad avaliación.
Porque me carretaches onde e cando fixo falta e aguantaches o tirón coma unha verdadeira profesional.
Porque me das moitísimo e ás veces non atopo a forma de enviarcho de volta.
E a todos os demáis, que tamén sodes especiais, porque de cada un de vos recibín apoio, palabras de ánimo, confianza, mil "sortes" e mil "vas comelos con patacas".
Porque todos e cada un dos que habitades ou habitáchedes (en longas ou curtas estadías) na fonda Amoroso contribuíchedes en gran parte a este triunfo.
Tamén a miña familia ten o seu mérito, que aguantou moitos portazos, moitísimos "non estou para nadie" e caras largas. Unha leonera desordenada e un salón invadido por apuntes teñen tamén parte nisto.
Moitísimas gracIas!!!!!!
Por certo, dedícovos tamén, ós amorosolandianos, a miña primeira entrada en galego. Para que logo non vos metades comigo, coas miñas patadas ó Xerais e có meu "galego de libro".

0 evaluaciones:



Publicar un comentario